martes, 7 de febrero de 2012

ACTIVIDADES 1º ESO XEOGRAFÍA FÍSICA EUROPA - ESPAÑA

A) Sitúa no mapa os límites naturais do continente europeo:  Océano Atlántico, Océano Glacial Artico, Mar Mediterráneo, Mar Negro, Mar Caspio, Montes Urais, Cáucaso.
Escribe tamén os nomes dos continentes veciños.
B) Localiza algunhas das principais altitudes europeas e escribe os seus nomes no mapa:
Meseta, Alpes, Macizo Central, Balcáns, Pireneos, Montes Grampianos, Apeninos, Cárpatos, Cordilleira Escandinava.
C) Sitúa tamén no mapa a Gran Chaira Europea e algúns dos cumes máis elevados do noso continente:  Aneto, Mont Blanc, Gran Sasso, Elbrus, Botev, Glittertind
D) Engádelle ó mapa os nomes referidos ás accidentadas costas de Europa.
Illas:  Islandia, Gran Bretaña, Córsega, Sicilia, Irlanda, Creta, Baleares.
Golfos: Botnia, Biscaia, León, Finlandia
Penínsulas: Xutlandia, Ibérica, Cola, Balcánica, Crimea
Mares: Norte, Cantábrico, Azov, Báltico, Exeo, Xónico, Barents, Tirreno
Estreitos: Xibraltar, Bósforo,
Canles: Mancha
E) Fíxate nas categorías do relevo. Pinta na lenda os recadros con cores axeitadas a cada tipo de relevo, e debuxa tamén un símbolo para os cumes.
F) Pinta as zonas do mapa a partir das cores da lenda (agás chairas e depresións), axudándote das liñas que separan as distintas altitudes. 
MAPA DA PENÍNSULA IBÉRICA
a) Sitúa os límites naturais da Península: Océano atlántico, Mar Cantábrico, Mediterráneo, Pireneos, Africa. Localiza tamén os dous arquipélagos españois.
b) Sitúa no mapa as seguintes unidades de relevo peninsulares: Sistema Central, Submeseta sur, montes de León, Macizo Galaico, Sis. Ibérico, Montes de Toledo, Cordilleiras Béticas, Depresión do Ebro, Submeseta Norte, Cordilleiras Catalás, Cordilleira Cantábrica, Depresión do Guadalquivir.
c) Localiza tamén a serra máis destacada das illas Baleares e o cume máis elevado das Canarias. Escribe os nomes de cada unha das illas dos dous arquipélagos.
d) Sitúa os accidentes costeiros españois máis relevantes: Rias galegas, Cabo de Creus, Golfo de Cádiz, Cabo de Gata, Cabo de Palos, Delta do Ebro, Cabo de Peñas, Golfo de Valencia, Estreito de Xibraltar.
e) Busca os puntos máis extremos da Península: o punto máis occidental, máis septentrional, máis meridional, e máis oriental.
f) Fíxate nas categorías do relevo. Pinta na lenda os recadros con cores axeitadas a cada tipo de relevo, e debuxa tamén un símbolo para os cumes.
g) Pinta as zonas do mapa a partir das cores da lenda (agás chairas e depresións), axudándote das liñas que separan as distintas altitudes.